jueves, 29 de abril de 2010

O TEATRIÑO

Esta semana fixemos un teatriño no cole co conto " A pulga e o piollo" e despois de escoitar a historia con moita atención e de ver os personaxes xogamos con eles e elaboramos a nosa propia historia. Tamén fixemos unhas caretas pintadas con pincel, cada un elixiu as cores cas que quería pintar, como tamén a careta que quería pintar, a maioría de nós escollimos a do pirata e algúns a de Mickey Mouse. Despois de deixala secar, picarlle os ollos e o borde co punzón puxémoslle un pauciño e levámola moi contentos para a casa.





lunes, 26 de abril de 2010

Ímos de excursión!!

No mes de abril fomos de excursión a Reciclaterra e o campo da Malata. Nos dous sitios pasámolo moi ben proba delo son as fotografías que nos fixemos e amosamos a continuación.
En reciclaterra fixemos dous talleres: un sobre elaborar animais con materiais de refugallo e outro no que reciclamos papel.
Ahí van as fotos...