martes, 26 de octubre de 2010

WELCOME!

Welcome to the English corner!

Desta etiqueta "ENGLISH" encargareime eu, Mariluz, a profe de inglés (ou teacher) do CRA. A miña intención é que vaian aparecendo imaxes, cancións, enlaces, etc. sobre os temas que vamos traballando na área de lingua estranxeira nas distintas escolas do CRA.

Pouco a pouco irei completando este espazo... Está aquí para toda a comunidade educativa, calquera comentario será ben recibido!

Un saúdo a todos/as!

miércoles, 13 de octubre de 2010

viernes, 8 de octubre de 2010

OUTUBRO 2010


O día 4 xa as outras 2 nenas de 3 anos remataron o seu 2º cadro...

e o día 5 xa rematamos o mural dos pés: contámolos de varios xeitos. Sara
O xoves día 7 fomos a vendimar a casa de Chelo, a avoa de Mateo. Axudounos Teresa, a nai de Mateo, e pasamos polo cruceiro de Castido. Alba
Había moitas uvas e nós collimos e carreamos. Alba
(Recollimos follas e logo fixemos un traballo explicando... Sara )
(e outro traballo imprimindo os de 4 anos e as de 5 ademais pintando a parra...)
e tamén as de 3 anos...
Logo vimos a horta de Chelo, ten moitas cousas...!!! Sara

(Ó lado da parra hai unha nogueira con noces moi grandes, trouxemos 7 ademais da que estaba na pel verde e logo desapareceron 2 da bolsa moi misteriosamente... pintamos coa pel de cor verde e pouco a pouco quedou marrón e manchounos os dedos tamén de marrón, di Sabela que é porque ten moito iodo)

( E na escola pintamos berenxenas, primeiro con pintura de dedo e por riba con acuarela e un día probarémolas porque algúns nunca as comeron. Sara)
(Como non sabíamos como saben os espárragos Sabela mercounos un tarro pequeno e probámolos o día 19, a Sara e Alba encantáronlles)

Chelo tivo algún tomate que pesou 800 gr. pero tamén ten dos pequeniños, e varias variedades de pementos...

Despois fixemos zume esmagando as uvas coas mans, estaba moi rico!!!! e o queique que nos fixo Teresa tamén!!!! Sara
O día 8 tamén nos trouxo un saxofón Roberto e probamos a tocar...
Pola tarde fomos visitar a capela de Santa Margarida do Val, porque é da mesma época que as do Bon Xesús, de Meirás, e a da Fame, de Vilarrube, que vistamos o curso pasado polo tema das peregracións, porque están no camiño de Santo André de Teixido. Sara
O símbolo das peregrinacións é a vieira, como se ve no capitel de enriba, perto do dragón... pero fora hai un marco, novo, cun peixe indicando que é camiño de Santo André, porque el tiña sido pescador. O marco tamén pon os km que faltan para chegar.
Un gato estivo con nós na fonte e no cruceiro. No cruceiro tiña comida que lle deixaran os veciños. Alba

Atopamos ourizos das castañas e cantámoslles a cantiga do ouriciño pincho que nos ensinou Roberto!!!

Nós tamén merendamos no cruceiro. Alba
Ó día seguinte, venres, fixemos zume na escola coa licuadora. Como tamén estivo Óscar, na hora da parva, aproveitou a probar. Alba
O luns volvimos facer zume pero esta vez de uvas e de mazás. Alba
Despois veu Maruxa, de Meirás, que leva 9 anos en Guinea, a contarnos cousas dese país... Maruxa é tía de Sara. Alba
Ensinounos moitas fotos. Alba
Casa anterga, cociña, a casa das xuntanzas e a escola. Mateo
Os nenos e nenas non teñen xoguetes, argállanos eles con cousas moi vellas. Xeila
O mércores día 13 celebramos o cumpreanos de Antía
Entre todos fixémoslle un caderno con debuxos de cada un, como por exemplo istes...
Logo vimos setas no parque. Os cogumelos non debemos tocalos nós. Antía, Yasmín e Candela

Porque non sabemos se son dos bons ou non...

O día 14 estaban estes tirados e poidemos velos ben por embaixo: o pé, as laminiñas do sombreiro...
Un caricol apareceu no alto dun andel, enriba desta caixa... debeu comer no cartón e mirade de que cor ten a cuncha... atopámolo morto!!!!
As de 3 anos xa fixeron cadros coa beira cosida con outro punto... Como estamos traballando o tema da casa fixeron esta vez casas das rúas.
Hoxe que é día 19, celebrámoslle o cumpre a Candela porque ela cumpreu en agosto e non estábamos na escola... Estes son algúns dos debuxos que lle fixemos...
Ela xa apagou as 3 candeas que lle aguantaban quen ela elixeu...!
O día 19 tamén preparamos caracois de paté de bonito, ás finas herbas...
Chamámoslles caricois porque os enroscamos como a cuncha dun caricol... Estaban boísimos...!!!
volvímolo facer o día 25... encántanos!!!
Despois veu Roberto e trouxo unha trompeta e mesmo bailamos despois! Ensinounos tamén unha cantiga que di:
O outono chegou,
marrón e amarelo.
O outono chegou,
e folliñas nos deixou. Sara
Cada vez saen máis cogumelos no parque!!!
O día 20 mirade como ten as olivas a oliveira do parque...! Ben, na foto só se lle ve 1 pero contamos 6 e aproveitamos a aprender esta cantiga:
- De la uva sale el vino
de la aceituna el aceite
y de mi corazón sale, ay
cariño para quererte.
estribillo: A cantar, a bailar,
a saltar, a brincar,
a animar la función
y a alegrar el corazón...
- Anda diciendo tu madre
que tienes un olivar
y ese olivar que tu tienes, ay
es que te quieres casar...
A cantar, a bailar... Alba

O día 21 cumpreu 3 anos Yasmín, veu a súa nai e estaba Mariluz tamén. Alba Agasallámoslle tamén un caderno con debuxos de cada un de nós e eiquí poñemos un por cada idade... Alba
O día 21 tamén recollimos unha cabaza que saeu dunha flor que vimos en setembro... Mateo

Pero o día 20 plantamos plantas que tíñamos en auga para que sacaran raices. Debagamos as fabas que recollimos. Xeila
O día 21, pola tarde, veu visitarnos Mateo, o irmán que lle naceu, no verán, a David. Felicidades David!!!! É precioso e moi tranquilo pero con tantos ó seu redor mirando e tocándolle rematou por chorar. Sara
O día 22 volveu a traer Roberto a guitarra española... Alba
O día 27 tivemos unha sorpresa, chegaron cen nenos e nenas de 4 e 5 anos, dun colexio, á pista e ó parque, eran das Mercedarias de Ferrol e saímos a xogar con eles a: veñan vela granxa, al conejito está en la cueva e ás abelliñas do San Miguel... pasámolo moi len!!!! Alba
Fixemos un mural coas nosas mans e as dos nosos profesores. Ás nenas pequenas atendeunas, ó principio, Mariluz e elas pintáronlle as mans a Mariluz... Sara
Remataron o seu 4º cadro

O día 28 con parte das cabazas fixemos caveiras para levar para casa para a festa do Samaín, que marca claramente o paso hacia o periodo máis escuro, chuvioso e frío do ano. Na noite do Samaín...

Xa estamos de cheo no OUTONO
e imos probando todo tipo de froitas da época... Faremos un traballo sobre as granadas...
O día 29, tocaba facer o colar de zonchos do Samaín, marcando as decenas. Iniciar con cadrado branco, poñer 10 e marcar a decena metendo rectángulo vermello, seguindo así... cando van 10 decenas, os que chegan, marcar a centena con rectángulo máis grande verde. Así é doado contar e saber as que temos... e mesmo logo, se se van comendo desde as últimas é doado saber as que quedan, é un xeito de xogar, aprender e gardar unha tradición... As de 3 anos puxeron 4 decenas e 3 unidades, os de 4, 6 decenas e 4 unidades, Sara puxo 1 centena (10 decenas) e Alba cento dazasete: 1 centena, 1 decena e 7 unidades... As castañas foron recollidas, entre todos, dos castiñeiros do parque, e unha nai as conxelou para preparalas o día anterior...

As nenas pequenas xa se están iniciando coa a: facendo o percorrido, pintándoa con pincel e poñéndoa en braille. Son unhas campeonas!