sábado, 26 de marzo de 2011

XOGO DA SEMANA-CRUZAR O RÍO

Neste xogo farase un pasillo (río) formado por conos ou cordas e un neno/a será o crocodilo e permanecerá no interior do mesmo. os restantes nenos/as terán que intentar pasar dun lado ao outro do río sen que o neno/a que fai do citado animal os pille, pero se o logra os nenos/as pasarán a ser tamén crocodilos.

lunes, 14 de marzo de 2011

BAILAMOS, IMITAMOS E NOS EXPRESAMOS



Despois de levar a cabo a unidade didáctica de repaso dos contidos traballados no 1º trimestre, na área de Educación Física comezamos a traballar un contido importantísimo como é a expresión corporal. Nesta unidade os nenos/as levaron a cabo xogos nos que bailaron, imitaron e representaron situacións da vida cotiá.

Nas fotografía podemos ver aos nenos/as de Lago representando un enorme elefante, así como nas dúas seguintes aparecen os nenos/as de Carreira 1 xogando ao baile-estatuas.

jueves, 3 de marzo de 2011

LAGO, MARZO 2011

Preparación da comparsa de Antroido: O Club de pilotos de globos aerostáticos de Lago. Dentro do tema xeral "O Aire" Os armazóns foron cousa de Enrique, o pai de Sara, que os fixo soldando. Graciñas Enrique!!! Salíronche guais... Alba

E o resto xa foi cousa de cada un, salvo algunha pequenísima vixilancia para que as de 3 anos non se despistaran nalgún momento de moito boreo... Elas xa traballan moi ben soas!!! ALBA En todas as posturas posibles cosimos... As nais preparan o seu: son o vento que move os globos. Preparando o meco da escola de Lago: clavamos... enchímolo... Con Carme, a avoa de Antía, preparamos a masa para os freixós. É día 3 e tocaba traer garabata, mandil, algo na cabeza e un zapato diferente en cada pé... E con todo iso posto preparamos os freixós. Freixós de Carmen a avoa de Antía, ela aprendeu a receita da súa sogra, Carmen do Castellano, e fainos con esa receita desde hai 30 anos. 1 litro e medio de auga 2 ovos medio vaso de anís 1 pisca de sal 1 pisca de canela 150 gr de fariña Primeiro batimos os ovos... Orden: batir os ovos, botarlle o anis, a canela, unha pouca de auga e pouco a pouco a fariña para desfacela, ou coa batidora, finalmente bótaselle o resto da auga. Se se fai na tixola necesita un pouco máis de fariña que se se fai na freixoeira das antergas. Déixase a mestura polo menos 2 horas en repouso para que logo se solte mellor do recipiente. Cando se fan bótalle por riba zucre e 1 pisca de anís. De choqueiros estamos guais... O luns trouxemos todos unha garabata posta, o martes engadimos un mandíl, o mércores engadimos poñer algo na cabeza e o xoves trouxemos ademais un zapato de distinto par en cada pé. Xeila Facer as carautas e antefaces é divertido... Doblamos o papel e dibuxamos a mitade para que saia ben simétrico e poñemos un calco debaixo... MateoO noso traxe da nosa comparsa do Club de pilotos de globos aerostáticos de Lago leva unha xoaniña que retallamos e pegamos cada un. O día 4, por Lago, fixemos un percorrido coa nosa comparsa, fomos ó taller de coches, á cooperativa... e cantámoslles en cada sitio e comíamos un freixó dos que nos fixo Carmen, a avoa de Antía, como se facía noutros tempos. Ela fíxonos freixós grandes e pequenos. Cando íamos pola beira da estrada os coches que pasaban pitábannos para saudarnos porque debíamos gustarlles... SaraAs de 3 anos tamén fixeron o seu traxe e globo. son unhas campeonas...!!! Mateo Os adultos ían de vento dentro da nube. Estas fotos que siguen son de Lorena, que nos acompañou todo o tempo. Na cesta, por diante, levamos unha bolboreta que diseñamos, retallamos e pegamos cada un de nós porque as bolboretas van polo aire e fixemos como se se nos subiran ó globos. Alba Despois de cada visita: a comer freixós... As teas da maioría dos globos viñeron que nin pintadas grazas a que a tenda da rúa Dolores 55, de Ferrol, Bertha, nos deu un mostrario que tiña moitas cousas que se moven polo aire: bolboretas, globos, fadas, estrelas e planetas, etc... cunhas cores moi bonitas. Graciñas mil, e despois do antroido aínda nos diron 2 mostrarios máis para facer máis cousas...Estamos encantadas!!!! Por detrás levábamos pegados foguetes na cesta porque nos sairon ó retallar os ombros e as sisas dos chaleques e aproveitamos a poñelos porque tamén van polo aire... Alba Logo fomos ó encontro do CRA, do antroido e cantamos... a cantiga que fixemos con Roberto. Tamén cantaron as demais escolas. Os muíños de vento son de Vilarrube, as abellas da Carreira 1, as bolboretas da Carreira 2, as xoaniñas os de Vilaboa e os papaventos de Taraza.. . Todos voamos !!!! Alba Mentras cantaron os demais estivemos atentos porque nos gustaban e porque hai que respetar os traballos dos demais!! Sara E logo xogamos. Roberto ía de eólico cos de Vilarrube e gustounos o seu disfraz, estaba moi gracioso. Xogamos con Patricia e con Sabela corríamos porque levaba posta a nube e sopraba moi forte como vento furacanado... SaraNa festa do CRA comimos: torradas, freixós, orellas, rosquillas... que levaron as familias das escolas e bebimos colacao invitados polo CRA. Estaba todo moi rico!!! Graciñas. Xeila ... A queima do Meco: Peidón, do CRA, dobrouse e houbo que poñelo dereito de novo e logo ardeu moi rápido!! Mateo Día 10 en Lago: o dragón saíu primeiro... A corrida do galo fixémola logo, ó estilo de Cobres, en Pontevedra, pero con un galo de tea... A saída do Oso foi despois, ó estilo de Salcedo, Lugo. Encinzou sen parar e os Criados pillaban a todos e chamábano para que encinzara tal como é o seu ritual. Pola mañá rematáramos o noso Meco; fixémoslle a cara, as mans... E ó final dos xogos de Antroido fixemos a queima do noso meco boicoteador da nosa exhibición de globos aerostáticos... Ó final a... saltar o lume !!!O día 11 volvimos a xogar co dragón e volvimos a facer a saída do oso estilo o de Salcedo, esta vez sen encinzar de verdade, só facíamos como se o fixera... E ata o ano que ven o antroido xa non ven...


O xoves 10 Martín e Sonia, pais de Antía, lograron poñer a punto as conexións, programas, etc para que funcionara a pizarra e xa fixemos una pequena estrea pero o luns 14 foi a gran estrea da pizarra... Esperamos varios anos a que nola mandaran e 3 meses a poder funcionar con ela, e gracias a Martín e Sonia!!! O luns 14 cumpreu 6 anos Sara... E fixémoslle un libriño de debuxos, como a cada un que cumpre... O día 18, pola tarde veu visitarnos Mateo o irmau de David, ó paso que viña el. mateo xa está moi, moi grande!!! É precioso!!! Para o 19 de marzo pintamos, montamos, pegamos arreo para facer os avións que viñan en pezas, porque tamén van polo aire, que é o tema que traballamos! e as rodas, rodan e a hélice xira... !!! Retallamos e pegamos ovellas, nubes, sol e flores... para facer un cadro con teas. Tamén coloreamos sal e fúmolo metendo en botes, facendo ... e bolsas con papel dun mostrario que nos diron... Eu fixen un pteranodondino autómata, montei as pezas, pegueinas... mirando as indicacións de debuxos do folleto. Todo foi doado menos meter os pauciños dentro dos tubiños de goma porque eran moi estreitos para axustar ben e non soltarse cando se moven as azas ó darlle á manivela que tamén lle montei. A papá gustoulle moito!!! Mateo O día 21 empezou a primavera e fixemos o 2º programa de "Dalle que dalle nas ondas" Viñeron invitadas Rosana, a nai de Paula e Madalena, a bisavoa de Alex e chamou por teléfono para participar no tema Maruja, a avoa de Laura... Contamos sobre o Antroido... Cantamos moitas cantigas pero aínda nos quedaron 2 que gravamos logo na escola... Madalena e Maruja contáronnos como se celebraba cando elas eran novas... O día 25 na Casa do Mel de Goente fixemos candeas de cera de abella con Isabel... Coa cera fanse cousas moi bonitas e imos intentar facelas tamén na escola... A proba do mel foi estupenda, probamos de 2 tipos a de eucalipto era máis doce... e logo con Noelia fixemos un mural con celdas de panal e un apicultor. As abellas vímolas tras dun vidro. Contáronnos que elas non saen a menos de 14 grados de temperatura exterior... O apicultor vai recoller o mel pero antes afuma a colmea para que esteñan tranquilas as abellas e leva un traxe que o protexe das picaduras pero díxonos antes Isabel, a monitora coa que fixemos as velas, que elas non atacan se non son atacadas. Díronnos mel para levar de proba para casa e folletos que explican todo sobre os enxames, as colmeas, as abellas, etc. Na vida das obreiras van tendo moitas funcións: de exploradoras (van buscando por onde hai flores e logo dinllo ás outras dando círculos e voltas para que saiban ir e se fan círculos grandes, díxonos o señor, indícanlles que hai moitas flores e se os fan pequenos dinlles que hai poucas), de recolectoras do polen das flores, de coidadoras das bebés (as máis novas), fabricando cera, fabricando mel... Tamén vimos avispeiros que fan as avispas con celulosa e normalmente están baixo terra. Elas tamén fabrican mel pero pouca porque no inverno só quedan 4 ou 5 e non teñen que almacenar tanto. As fichas que nos pasou Belén, que estaba sustituindo na Carreira 1, resolveunas cada nivel ó seu xeito. Fixemos estas páxinas para o conto viaxeiro do CRA durante uns días, continuamos as de Taraza e logo llo pasamos a Vilaboa Foi divertido elexir a idea para continuar, porque se nos ocurrían varias e logo buscar as palabras e frases, como representalo, etc, respetando o que iniciaran os anteriores. Deunos moito que pensar, repensar, razonar, decidir e facer pero pasámolo ben. O día 28 Quique fíxonos monicreques e deunos esta foto. Un día ó mes toca que nos faga unha representación.
O día 31 fixemos xabrón en colaboración coas familias porque ten momentos perigosos...

Patricia foi a xefa da 1ª receita. Yasmín

Miña nai fixo de xefa da 2ª receita. Antía Rosa fixo de xefa da 3ª receita. Candela Para facer xabón hai que ser constantes remexendo. Tamén hai que usar recipientes grandes. Unha das receitas que fixemos levaba moita sosa e na reacción química subeu moito e saíu fora. A sosa queima e ós poucos días estaba o campo sen herba, alí onde caera, e o cemento moi branco... Nos momentos de botar a sosa os nenos só temos que estar mirando, e de lonxe!!!
Foi moi guai!!!! colaboramos todos e fixemos Química ademais de reciclar, fabricar, aforrar, experimentar, borear, etc... e pasalo ben dalle que dalle a revolver no xabrón e por iso igual pensamos chamarnos "os esquíos dalle que dalle"!!!. Mateo xa dixo que a escola parecía unha xabonería.