martes, 29 de noviembre de 2011

¡CONCERTO DE MAMÁ CABRA!
O pasado venres, fumos de concerto!! Non foi un concerto calquera, senon que era de Mamá Cabra!!
Pasámolo en grande, quedáronnos moitas ganas de repetir, aquí deixamos algunhas fotos que o confirman.

Éstes eran os membros de Mamá Cabra!!





Primeiro comezamos a escoitalo sentados......




.....pero axiña nos entraron as ganas de bailar!!!!





PASÁMOLO MOI BEN!!!

martes, 22 de noviembre de 2011

O Samaín e o magosto.

Na nosa escola da Carrerira celebramos o samaín, decoramos a clase terroríficamente, e fixemos un menú axeitado a ocasión.









O magosto celebrámolo todas as escolas xuntas no local social de Meirás. Os nenos participaron en distintos obradoiros. Comemos castañas asadas, cantamos cancións...





domingo, 6 de noviembre de 2011

ESCOLA DE LAGO-NOVEMBRO 2011


OLA!!! ESTA É A FOTO DE ENTRADA! Este mes imos poñendo en 2 entradas á vez: nesta e na da Semá da Ciencia en galego. Ide mirando as novidades nas dúas.
O día 4 aproveitou Gabriel a que estaba Mariluz de apoio para facer nas rutinas a súa páxina do cumpreanos porque o día en que o celebrou non se poido facer.
O día 4 esfollamos na escola o maínzo que trouxo Alba.
Logo debaghámolo...
O día 5 fomos á esfolla de Doso vestidos a tono gracias a que Carmen, a avoa de Antía, se puxo as pilas moi xenerosamente e preparou e coseu case todo a roupa con teas do arcón...
Fotos de Mónica:






Nota da prensa : A Voz de Galicia. Na foto están varios nenos da escola de Lago.
Nota de prensa no Diario de Ferrol. Na foto están varios nenos da escola de Lago.

Día 7 en inglés...
O día 9 fixo as rutinas Antía, facendo tamén a páxina do cumpreanos porque o día que cumpreu non o poido facer...
O día 10 Vicente foi buscar a cerámica que se pintou a fin de curso e que mandamos a Cerámicas do Castro para cocer. Aproveitamos a dar as graciñas A Cerámicas do Castro e a todos os que nestes anos nolas coceron (Marta, Patricia e Beatriz) e nola levaron e trouxeron (Anxo e Vicente) nun esforzo moi xeneroso pola súa parte, que merece toda a nosa gratitude.

O día 11 foi o Magosto do noso CRA
Primeiro vimos unha peli de cazar medos...

Xogamos con castañas en diferentes obradoiros pero neste temos fotos...




O mural do outono...
A castañeira era Sita, a profe da Carreira B, e o estupendo aparello con que se asaron nolo trouxo Pilar, a profe da Carreira A. Graciñas ás dúas!!! Foi un obradoiro estupendo, con cantiga incluida.
As castañas asadas que comimos no magosto as asaron nunha panadería porque no obradoiro non había posibilidade de asar tantas ...
Nós levamos para expoñer os 3 tipos de farois que fixemos.
Os maiores da Carreira levaron cousas de medo...
e o ramo de outono e cabazas....
e os pequenos da Carreira levaron cabazas co tema da Conquista de América. Todo nos gustou moito...
O mural feito entre todos no obradoiro de Pilar, Sita e Cris... Unha preciosa ábore caduca con froitos de outono con refráns, adiviñas...
Cantamos ó outono todas as escolas con Cris...
Ó final, nun recuncho, cantamos nós a do farol, para os nosos pais... Pero co barullo dos demais escoitábase mal. Eses farois xa os levamos para casa.
O luns día 15 cantamos na escola a cantiga de farol, para os pais, cos farois feitos en equipo nestes anos, había 7 e fixemos 3 máis e xa tíñamos para soster 1 cada un. Esta vez prendimos a vela para que alumearan mentras cantábamos.
As chulas de cabaza preparadas con Patricia o día 14 e que ela nos friteu o 15. Estaban riquísimas!!!!
O día 15 xogando ó peón, proba que proba, logramos bailalo 1 vez cada un dos maiores. O día 16 Xan mostrounos como se colle na man e como se levanta bailando, utilizando a piola. Recordamos que "Polo San Martiño peóns ó Camiño e polo San Amaro peóns ó faiado" ou "Ata que S. Antón nolos meta nun caixón ou Santa Olalla os guinde á borralla"
O xoves día 16 fomos coas familias, a primeira hora, a recoller cogumelos por Meirás. O guía era Enrique, o pai de Sara, porque el vai a ese monte a coller, pero outros do grupo tamén son expertos recolectores de cogumelos (Eduardo, Finola, Patricia) polo que todos, incluida a profe, aprendimos moito, moito, e foi unha experiencia fabulosa de aprendizaxe comunitario.
Había que buscar a eito porque non eran doados de ver. Cunha bariña os expertos atoparon boletos e níscalos ademais de outros non comestibles, que , claro, non tocamos... Cada vez que atopaban algo íamos todos e atendíamos ás explicacións.
Nos cestiños íamolos metendo, despois de que os cortaran cunha navalla ou un coitelo.
Collimos boletos, e os botóns, os pequeniños, deixámolos tapados para que medraran...
Collimos níscalos...
E atopamos moitas amanitas das dos contos... que como son tóxicas non as tocamos... Pero aprendimos a identificalas, ben ademais de disfrutar da súa beleza no monte.
Finalmente xuntamos todo isto... e iso que a ese monte vai moita xente e xa colleran case todo...
Pola tarde fixemos unha merendola con elas. Patricia e Rosa ensináronnos a limpalas, trocealas e cociñalas. Logo todos as probamos: nenos e maiores!!!
O día 18 facendo as rutinas directamente nos ordenadores co apoio de Mariluz.
No recreo destes día nos gusta xogar ó peón e cos carozos do maínzo a facer de todo o que nos pete... O día 20 foron as eleccións e o 18 viñeron a preparar a escola e o 21 a recoller... houbo que apilar todo para facer sitio e logo volta colocar... Menudo boreo!
O 21 celebramos o cumpre de Mateo. Fixo 5 anos.
Cantámoslle tamén "As mañanitas" pero non temos foto!

Entregámoslle o caderno de debuxos que lle agasallamos.




O día 21, pola tarde, fixemos o noso 9º programa de radio, estivemos tanta xente que case non cabíamos, tivemos que levar algunha cadeira das casas e ademais estar moitos de pé... Veu facer o programa con nós, Elvira, a avoa de Yasmín, e Pili Rodríguez Souto, unha mestra que colaborou moito con Sabela, ela tamén nos contou cousas dalgunha das cantigas que cantamos nós e que Pili lle ensinou hai tempo a Sabela.
Nós fixemos o programa, coma sempre, pero tivemos uns invitados moi especiais, os nenos de Carreira B acompañados das nais e das profes: Cris, Mariluz e Sita. Eles cantaron tamén unhas cantigas.
Esperamos que lles gustara a experiencia!!!!
O día 25 fomos á Casa da Cultura, vimos unha exposición
e asistimos ó concento do grupo Mamá Cabra con todas as escolas do CRA e algunhas aulas de Atios, por iso alí estaban tamén: Andrea, David, Laura, Paula e Sabela, que se foron o curso pasado da nosa escola, pero como estaban moi atrás algúns non as viron.
O día 29 fixemos sombras chinescas con Cris na hora do Proxecto Lector. Gustounos moito!